
Veño de dar voltas e mais voltas arredor de canta estrada poida haber neste mundo, incluídas as de ferro e excluídas as virtuáis, mal chamadas aéreas. Estas non entran nunca nos meus plans por razóns tan obvias coma incomprendidas. E veño de pensar que se cadra damos mais voltas das necesarias. Que non hai quen nos pare. Somos coma as avésporas que desfrutaban amolándome as comidas e as merendas en certo lugar do aparente páramo castelán. Tamén probei das amarguras da abafante Barcino, mira que me advertiron, consumida pola falta de osíxeno e pola inesgotabel presencia de tanta xenta que a ama (nese trance ando) mesmo cando se afoga. De todo iso quedou, cecáis máis afoutado aíndo polo bico lascivo das cumbres (pre) pirenaicas (ai, meu Puigmal.. ) un sabor que xorde acedo entre os dentes, que é de aquí. Á volta dun curruncho calquera, na aldea. Aquí, na casa. Este reino de ortigas e auga fría ten de ter moito valor. Máis do que ún pensa. A proximidade produce estranas alucinacións, e so pasan cando volves. E a lonxanía produce unha sede moi mala de levar.
Foto: Pincheira de Fervenza. Compre unha explicación. Fervenza é un lugar que ten unha pincheira, aquí a pouco do Barco. Podería chamarse Pincheira e ter unha fervenza, pero qué lle queres…

A proximidade impide ver moitas cousas, teriamos que vivir nun afastamento constante, á distancia exacta. Cal será?
Fermosa imaxe.
By: Doutora Seymour on 03/09/2009
at 2:35 am
E logo veñen os de fóra a recoñecer que a nosa aldea é un lugar fermosísimo onde medran as pincheiras que nos outros montes son e serán fervenzas.
By: xenevra on 03/09/2009
at 8:41 am
La belleza no está en los sitios, aunque hay que reconocer ayuda más un paísaje así. La belleza está donde tu la lleves, donde tus ojos habiten el lugar y vean más allá de lo visible.
Un abrazo,
Montse.
By: Anónimo on 04/09/2009
at 12:10 am
Y se fue el mensaje… qué prisa tienen algunos bits!
By: MGJuárez on 04/09/2009
at 12:11 am