
Debe de haber uns cantos miles de maneiras de sentirse mal. Hainas que teñen que ver mesmo co tempo, ou iso din. Outras, co estado das finanzas. Outras co estado das afectividades, sempre complexo. E logo hai outras que cáseque nin se poden explicar, porque por moitas voltas que lle deas, non acabas de saber.
E logo están aquelas que se poden identificar sen problema de ninguna clas. Asumilas é outra cousa. Aquelo de decir, “é que non me aguanto”, sabendo positivamente que se o contas non hai quen cho crea.
Eu, ou este que vai comigo, vai ti saber, porque que non son quen de afirmar se o coñezo de verdade, levo un par de semanas sen pc. Ou pérsonal compiuter, que din os máis modernos. E sinxelamente, non me aturo. Estou por presentar unha denuncia contra o que ven de escribir estas letras.
E se non o fago é porque non teño ordenador. Aí estamos !!
(E sendo “pérsonal”, o do traballo non conta, xa comprenderedes).
