Sempre pensei que a esquerda nunca se tomou moi en serio isto da información. Quedáballe lonxe. Eran os poderes fácticos, o inacadábel, e aínda por enriba, o inimigo. Cáseque un tabú. E a esquerda sabía, e sempre soupo, que o xuizo das xentes pasa necesariamente pola información. Pensas o que sabes, o que escoitas, o que les, o que che di a tele e os xornáis.
E agora, que nos quedamos sen xornáis en galego, polo visto algo mudou. Certo que hai moitas máis cousas que están a mudar. Xa non serven moitos mecanismos que hai pouco servían pra algo. A cadea clásica da información anda agora algo confusa porque a tecnoloxía está a darlle armas a quen non sospeitaba que podía chegar a ter semellante posibilidade.
Nesta circunstancia nace a posibilidade dunha publicación en galego, Sermos Galiza, apoiada por xentes da cultura e da política (nunca foi mala a política que se fai de cara á xente) que, amáis de ser un xérmolo de espranza pra quenes vivimos precisamente da espranza, ven rachar con esa vella e funesta tradición de deixarlle esa ferramenta á competencia en exclusivo.
Bo sería que a espranza chegara a concretarse. Pra iso, compre axudar de maneira ben concreta, e se os cartiños non chegan, seguro que hai algún outro xeito de botar unha man, agora que os teléfonos mobéis e as redes sociáis son quen de competir cos vellos elefantes editoriáis do tardo-franquismo.
Xa ía sendo hora.
http://sermosgaliza.blogspot.com/




É que se nos falta a esperanza e o ánimo para facer cousas, mal andamos. Para coutar xa chegan outros. E outras!
Por: A nena do paraugas o 08/09/2011
ás 3:17 pm
Non sabía desta iniciativa.
Alédame moitísimo.
Haberá que axudar, inda que só sexa difundindo a nova.
Pero penso que merecerá a pena, cando menos, a suscripción.
grazas por compartilo.
Por: zeltia o 12/09/2011
ás 5:52 pm
Bos días amicus:
O terei en conta, inda que sexa , simplesmentes, pra a leitura.
Anacos de saúdos.
Deica logo amicus.
Por: Beato Darzádegos o 14/09/2011
ás 8:12 pm
Parece unha boa iniciativa, a ver como resulta.
Por: Raposo o 16/09/2011
ás 6:39 am
Eu sufrín a desaparición de “Galicia hoxe”, miña irmán quedou sen traballo e sen moitas posibilidades porque a súa traxectoria era ese xornal, no que colaborou moitos anos en cultura. Estou pola labor de axudar, de potenciar e dar ánimos da forma que sexa a quenes sean capaces de volver a ilusionarnos. Un biquiño(ou dous)..bueno…case que tres.
Por: Maribel-bel o 17/09/2011
ás 12:58 am
As minhas reflexões ao fio de Sermos Galiza nom cabem nua caixa de comentários:
http://efugidios.blogspot.com/2011/07/sermos-galiza-magnifico-acollemento.html
http://efugidios.blogspot.com/2011/07/reflexoes-ao-fio-do-projecto-sermos.html
http://efugidios.blogspot.com/2011/07/reflexoes-ao-fio-do-projecto-sermos_14.html
Por: Se Moncho o 29/09/2011
ás 7:44 pm
a ver si por fin os galeg@ somos capaces de manter un xornal galego e en galego e mercamos o xornal ou suscribirse e que poida manterse e dar exmplo e de paso darlle na cara con este instrumento democratico a os negacionistas de GALIZA e do GALEGO
unha aperta, adiante e VIVA GALIZA
Por: RAMON o 06/10/2011
ás 7:06 am