Xa era o que nos faltaba!!! E de paso, que lla poñan ao lado da de Juan Grimau con reprodución en pedra da súa sinatura na pena de morte.
E despois falan de transicións cara a democracia!! madia leva!!!
Polos servicios prestados a la patria. E tamén a “esa autonomía”, que é como se referiu a este país cando lle chamaron a atención por votar contra da utilización do galego nas sacrosantas institucións madrileñas.
Asina con tinta vermella, a ver se hai sorte e se lle vai unha pinga prá garabata… Había adoecer, mal raio o parta…
Uissss, aí por Castela adiante ten unha ristra delas, con xugos e frechas e todo, como corresponde. Teño fixado que os cans acoden con frecuencia embaixo das plaquiñas de mármore. O que non sabe el é que van mexar… huás, huás…
O que máis me amola é que se lle adique unha rúa a un político e se lle estean negando espazos de homenaxe ás moitas mulleres galegas (tamén a homes, pero estes sempre xogaron con vantaxe nos recoñecementos) que, cunha loita desigual ao longo dos tempos, traballaron ea índa traballan arreo pola medicina, a cultura, as artes, a filosofía…
E paro aquí. Porque aos políticos (e políticas, no seu caso) xa lle pagan (pagamos) polo seu traballo, o mesmo que se fai con calquera traballador ou traballadora. E enriba se lle recoñecen méritos, moitas veces non merecidos.
Bos días amicus:
A crase política esfúmase do pobo do que vén e adoece de soberbia que coma unha bacteria que os infecta faios prepontentes.
Esquecen as súas propias palabras e compromisos coma se pensasen que os demais carecésemos de memoria. Intentan suavizalas condutas pasadas dalgúns por se a iso, no futuro, tamén puidese chegar a pasarlles a eles. Ningún político relacionado co anterior réxime ditatorial merece ser lembrado ou homenaxeado con rúa algunha e,sexa quen sexa, menos aínda un que aparentaba ser o que non era.
A hipocrisía na que móvense os poderes aí conduce sempre a estas tesituras, a crear polémicas e impedir ao pobo durmir tranquilo. Isto só serve como vangloria para aquel do que partiu a idea, intentando con isto demostrar aos demais o seu aparente afabilidad e poder. Hai ideas que mellor sería estivesen no tinteiro.
A mor de ser iguais e nas mesmas condiciones todos teñen o mesmo dereito. Hai outros personaxes con maior empatía social e aceptados por todos e se xa non queremos entrar nestes carreiros, hainos de obxectos, e outras cousas que non sexan homes e mulleres.
A polémica está nas mans duns políticos que fagocitan sobre un pobo que se está espremendo. Íste ten un límite e nalgún momento pode dicir ata aquí chegamos…
Saúdos.
Deica logo amicus.

Xenevra
Por: xenevra o 28/09/2011
ás 9:00 pm
Vanche chamar extremista, o que eu che diga…
Bico-bico
Por: Setesoles o 29/09/2011
ás 6:22 pm
Eso que é, o premio por ser un recoñecido fascista toda a a vida??!! Vou asinar agora mesmo.
Por: Raposo o 29/09/2011
ás 12:15 am
Polos servicios prestados a la patria. E tamén a “esa autonomía”, que é como se referiu a este país cando lle chamaron a atención por votar contra da utilización do galego nas sacrosantas institucións madrileñas.
Asina con tinta vermella, a ver se hai sorte e se lle vai unha pinga prá garabata… Había adoecer, mal raio o parta…
Por: Setesoles o 29/09/2011
ás 6:27 pm
non ten unha xa en Vilalba?
Por: Zeltia o 29/09/2011
ás 5:42 pm
Uissss, aí por Castela adiante ten unha ristra delas, con xugos e frechas e todo, como corresponde. Teño fixado que os cans acoden con frecuencia embaixo das plaquiñas de mármore. O que non sabe el é que van mexar… huás, huás…
Por: Setesoles o 29/09/2011
ás 6:30 pm
O que máis me amola é que se lle adique unha rúa a un político e se lle estean negando espazos de homenaxe ás moitas mulleres galegas (tamén a homes, pero estes sempre xogaron con vantaxe nos recoñecementos) que, cunha loita desigual ao longo dos tempos, traballaron ea índa traballan arreo pola medicina, a cultura, as artes, a filosofía…
E paro aquí. Porque aos políticos (e políticas, no seu caso) xa lle pagan (pagamos) polo seu traballo, o mesmo que se fai con calquera traballador ou traballadora. E enriba se lle recoñecen méritos, moitas veces non merecidos.
Por: A nena do paraugas o 30/09/2011
ás 1:48 am
Bos días amicus:
A crase política esfúmase do pobo do que vén e adoece de soberbia que coma unha bacteria que os infecta faios prepontentes.
Esquecen as súas propias palabras e compromisos coma se pensasen que os demais carecésemos de memoria. Intentan suavizalas condutas pasadas dalgúns por se a iso, no futuro, tamén puidese chegar a pasarlles a eles. Ningún político relacionado co anterior réxime ditatorial merece ser lembrado ou homenaxeado con rúa algunha e,sexa quen sexa, menos aínda un que aparentaba ser o que non era.
A hipocrisía na que móvense os poderes aí conduce sempre a estas tesituras, a crear polémicas e impedir ao pobo durmir tranquilo. Isto só serve como vangloria para aquel do que partiu a idea, intentando con isto demostrar aos demais o seu aparente afabilidad e poder. Hai ideas que mellor sería estivesen no tinteiro.
A mor de ser iguais e nas mesmas condiciones todos teñen o mesmo dereito. Hai outros personaxes con maior empatía social e aceptados por todos e se xa non queremos entrar nestes carreiros, hainos de obxectos, e outras cousas que non sexan homes e mulleres.
A polémica está nas mans duns políticos que fagocitan sobre un pobo que se está espremendo. Íste ten un límite e nalgún momento pode dicir ata aquí chegamos…
Saúdos.
Deica logo amicus.
Por: Beato Darzádegos o 02/10/2011
ás 7:04 pm