Publicado por: setesoles | 20/10/2011

Moito conto

Onte tiven que encher unha desas enquisas de obrigado cumprimento. Non me creredes, pero alí preguntaban se a miña casa tiña un cuarto de aseo con inodoro. Pouco máis adiante insistían. Dispón a súa casa de ducha ou bañeira?

Non sei por qué me deu por pensar nas fachendosas declaracións dos nosos amados gobernantes dos últimos cen anos. Somos un país De-Primera-División. Campións do Mundo Mundial en non sei cantas disciplinas. “LaCaña”, tío… Pero os do Instituto de Estadística preguntan se cagamos de campo ou na casiña, desculpando a expresión.

Debe ter a sua cousa isto de mangonear nos cacharriños da información coma quen xoga ás bolinchas. Por non falar de xogos menos inofensivos.

Foto por Elena Pingarrón (Etimologías.dechile.net). Letrina do s. III a.c. no porto de Ostia.


Respostas

  1. Os medios de divulgación rara vez informa da realidade. Por certo, que contestaches? Como o fas? Fiúuuuuuuuuuuuuuu

  2. Dasme que pensar.
    Ou mellor, danme que pensar os da consulta.
    E de pensar este pequeno anaquiño que lle concedo aos posteos ;-)
    deduzo que non estou o bastante agradecida por ter water na casa e non ter que mexar nun burato coma o da foto.

    • A min chamoume moito a atención a exhuberante morfoloxía dos buratos en cuestión. Non me digas que non te fixaches… ;) )

  3. Antes preguntaban estas cousas ao facer o censo, agora só poden saber cantas duchas e wc ten o país facendo enquisas telefónicas. Paciencia e respostar.

    • Eu ando a pensar qué farán cos que respondan que non o teñen… E non penso cousa boa. Ún que saíu médio revirao…

  4. Eu, por ben pensada, creo que esa necesidade por saber era para ver a auga coa que contamos e gastamos. Cousas miñas, non fagas moito caso…bicosssssssss


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.