Publicado por: setesoles | 13/12/2011

As pequenas cousas

Non hai tanto que me facía eu unha pequena reflexión no tocante ao asunto este das fotos. Andaba  teimando naquelo que decimos tantas veces de que  ”as luces altas desvían a atención do motivo principal”, que ven ser un dos problemas máis frecuentes no mundiño este da fotografía. E ocorreuseme pensar que só desvía a atención quen non ten o bon xuicio de prestala toda cando convén. 

Porque quen presta a atención debida, como quen le coa debida atención, é quen de sacar as conclusións que a outros lles resultan imposibles. E mesmo te aforras ter que ler o País ou a Voz (?) de Galicia.

E quén me había decir a min que ía rematar “marujeando” no me propio blogue… Ao que se chega, miña naiciña…

 

Foto da edición dixital do País. do 12/12/2011 – Revista Sábado, “Casada con el enigma”.

http://www.elpais.com/articulo/Revista/sabado/Casada/enigma/elpepirsa/20111210elpepirsa_2/Tes

 


Respostas

  1. a foto é unha autentica “ecos de sociedade”
    non parece marianin aquel neno que veraneaba na praia co seu caldeiriño e a pá…

  2. Eu que non quero ser impropia, nin malvada colocaría a outra persoa o lado de Rajoy, xa che direi quen na orella dereita, que aquí pódenme multar por tal tolemia. Un saúdo

  3. maribel… eu tamén quero saberrrrrrrrr

    felices dias de descanso para os dous!

    • Condanada de muller… Non conta nada, eh? ;) )
      Por certo, pásao ben. Se queres, claro, que non che coman o coco, que isto todo sonche movidas dos bares…
      Bo ano, Paz. Bicos a moi poucos graos!

  4. Aproveito para desexarche boas festas que ti sempre chegas tarde, tanto parar nas tabernas jajaja. Bo ano novo e bicos a moreas.

    • Éche esta teima por coidar dos viñateiros, jajajaja.
      Pásao ben e que veña un 2012 cheo de farturas e felicidade e… e…. (xa notas que me deu pola fantasía, qué se lle ha facer…)
      Bicos moitos embaixo da xiada. Abrigarse e non mancarse!

  5. Hai que facer de todo nesta vida! Revisar as revista de sociedade é unha cousa coma outra calquera. E de cantas parvadas se pode un enterar!

    Que teña unha ventureira entrada no vindeiro ano.

    Boas Festas.

    • O mesmo para vostede, que non quede a cousa polos bos desexos. E se chega a saber algo máis dos amores do rapazolo este, non deixe de avisar, que a min esa man esquerda dame moito que pensar…. ;)
      E a Maribel que non solta prenda… :(


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.